Inicio Carballo ao día Avisos Dezasete persoas de oito nacionalidades...

Dezasete persoas de oito nacionalidades participan nun obradoiro para o acollemento lingüístico e cultural

Martes 21 de novembro do 2017

Un total de 17 persoas de tres continentes e oito países participan en Carballo nun obradoiro para o acollemento lingüístico e cultural organizado polo Servizo de Normalización Lingüística. A iniciativa, que se desenvolve desde o 2 de novembro ata o 21 de decembro, inclúe diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa.

Compartir: