Inicio Carballo ao día Avisos As persoas usuarias de garaxes na rúa...

As persoas usuarias de garaxes na rúa Desiderio Varela poden recoller os mandos para os bolardos nas instalacións da Policía Local

Mércores 15 de novembro do 2017

As persoas usuarias de garaxes na rúa Desiderio Varela teñen á súa disposición nas dependencias da Policía Local os mandos cos que poderán accionar os bolardos para poder acceder libremente ás súas prazas de garaxe tanto desde a rúa Desiderio Varela como desde a Jacinto Amigo Lera.

A recollida dos mandos pode realizarse de luns a venres, de 8.30 a 13.30 horas, na oficina da Policía Local situada na planta baixa do edificio da Casa do Concello. Tamén poderán retirarse os mandos os luns e martes en horario de 16.30 a 18.30.

Desde a Policía Local prégase ás persoas afectadas que acudan a recoller os mandos o antes posible, xa que está previsto que os bolardos empecen a funcionar a semana que vén, e agradecen a colaboración de todos/as os/as usuarios/as de garaxes.

Compartir: