Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para un...

Aberto o prazo de inscrición para un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres organizado polo CIM

Sábado 11 de novembro do 2017

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Carballo desenvolverá numerosas actividades arredor do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, entre elas un curso de autodefensa persoalque se celebrará os días 28 e 29 deste mes, de 10.00 a 14.00 horas, no Pazo da Cultura. O prazo para anotarse está aberto ata o día 24, e as mulleres interesadas poden anotarse nas oficinas do CIM (edificio de Servizos Sociais na praza Médico Eduardo Mariño) de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou chamando ao teléfono 981 700 688. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.

O obradoiro de autodefensa forma parte da programación da Rede de Concellos contra a Violencia, da que Carballo forma parte, e é froito dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade, a Academia Galega de Seguridade Pública e a Federación Galega de Loita. O obxectivo, explican desde o CIM, é “formar ás mulleres en técnicas de autoprotección e defensa persoal en situacións de ameaza, risco ou agresión, ademais de amosarlles unha serie de pautas preventivas, todo isto para que tomen conciencia dos seus dereitos, da súa forza e da súa valía a través do traballo físico”.

Compartir: