Inicio Carballo ao día Novas A Ludoteca municipal ten mañá a...

A Ludoteca municipal ten mañá a terceira cita do mes do seu programa de actividades de dinamización

"Colaxe da natureza" está orientado a rapaces e rapazas de entre 3 e 8 anos

Luns 16 de outubro do 2017

Programa Ludoteca outubro 2017

Ou usuarios da Ludoteca poden desfrutar mañá 17 de outubro, de 17.30 a 18.30 horas, do “Colaxe da natureza”, unha nova cita, a terceira deste mes, coas actividades de dinamización que o servizo municipal oferta dentro da programación de outono de Apego. Destinado a rapaces de entre 3 e 8 anos (e sendo imprescindible, para participar, inscribirse cunha semana de antelación na Biblioteca Rego da Balsa), o programa deste mes ten tamén estas datas sinaladas:
-Xoves 19, “Crebacabezas de Galicia”.
-Martes 24, “Contacontos de medo”.
-Xoves 26, “Pintemos o medo”.
-Martes 31, “Obradoiro de figuras de medo.

Normas de participación na Ludoteca

1. Requisitos para asistir á Ludoteca:
-Nenos/as autónomos/as ou acompañados/as dunha persoa adulta.
-Con inscrición como socios/as na Ludoteca.
-Idade de 0 a 8 anos.

2. Programación e dinámica:
-Martes e xoves haberá actividades programadas con inscrición previa, levadas a cabo polas dinamizadoras para nenos/as de entre 3 e 8 anos.
-Puntualmente programaranse actividades para nenos/as de 0 a 3 anos.

3. Para asistir ás actividades será necesario inscribirse na Biblioteca Rego da Balsa, presencialmente ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@carballo.gal con, polo menos, unha semana de antelación.

4.O horario das actividades será de 17.30 h a 18.30 h.

Compartir: