O 13 de outubro e o 18 de maio serán os días non lectivos no CMUS no curso 2017-18
Os horarios de titorías, as programacións e os plans actualizados xa están dispoñibles nesta web
Martes 10 de outubro do 2017 Educación Conservatorio
O claustro de profesores do Conservatorio Profesional de Música de Carballo aprobou na súa última reunión os días non lectivos para o curso 2017-18, que serán o venres 13 de outubro do 2017 e o venres 18 de maio do 2018.
Así mesmo, o CMUS vén de aprobar as programacións das distintas materias, que poden consultarse no apartado Programacións da sección Actividade.
Dentro da sección CMUS, no apartado Consello Escolar están dispoñibles o plan de convivencia e o plan de acción titorial, aprobados na última xuntanza deste órgano.
Así mesmo, nos apartados correspondentes figuran os horarios actualizados de titorías do equipo directivo, dos departamentos e do profesorado. O modelo para a solicitude de titorías pode descargarse nesta mesma páxina, nos apartados de Equipo directivo e Claustro de profesores.