Inicio Carballo ao día Avisos A rúa Colón recupera o sentido de...

A rúa Colón recupera o sentido de circulación de Valle Inclán a Desiderio Varela os días de feira e mercado

Mércores 27 de setembro do 2017

A rúa Colón recupera a partir do xoves 28 de setembro o sentido de circulación que tivo tradicionalmente, aínda que só se seguirá permitindo a circulación de vehículos os xoves de mercado e os domingos de feira. Deste xeito, os usuarios do mercado de mañá xa terán que acceder á Praza do Concello desde Valle Inclán e sairán pola Desiderio Varela, rodeando a praza ata a Gran Vía. A entrada desde a Vázquez de Parga por Desiderio Varela en dirección á rúa Colón queda cortada coincidindo coa instalación dos bolardos que regularán o acceso rodado a esa rúa.

Compartir: