Inicio Carballo ao día Avisos Cambios no acceso a garaxes para as persoas...

Cambios no acceso a garaxes para as persoas residentes na rúa Desiderio Varela

Luns 25 de setembro do 2017

O martes 26 comezará a instalación de bolardos no cruce de Desiderio Varela con Camiño Novo. Como consecuencia, as persoas usuarias de prazas de garaxe no Edificio Eirís (números 8-10) poderan acceder pola rúa Gran Vía desde o 26 ata o 30 deste mes. 

Ademais, o mesmo martes 26 empezará a montaxe para o Desfile do CCA na rúa Jacinto Amigo Lera, polo que os residentes no Edificio O Cedro tamén poderán acceder pola Gran Vía a partir de mañá e ata o 2 de outubro.

Estes cambios non afectan aos residentes na Desiderio Varela que acceden pola rúa Colón, que seguirán entrando por esa rúa.

Desculpade as molestias.

Compartir: