Inicio Carballo ao día Avisos Peche da ludoteca e horarios das bibliotecas...

Peche da ludoteca e horarios das bibliotecas durante o mes de agosto

Luns 31 de xullo do 2017

As bibliotecas e a ludoteca municipais modifican durante o verán os seus horarios de apertura ao público, que durante o mes de agosto quedan deste xeito:

  • A Biblioteca do Museo funcionará de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.
  • A Biblioteca Rego da Balsa abrirá só pola mañá, de 10.30 a 13.30 horas. Os sábados estará a disposición do público de 10 a 13 horas.
  • A Ludoteca Municipal estará pechada durante o mes de agosto.

Compartir: