Inicio Carballo ao día Novas A organización do Camiño Costa da...

A organización do Camiño Costa da Morte Sen Límites agradeceu a colaboración do Concello de Carballo

Evencio Ferrero recibiu a representantes das entidades promotoras e a un grupo de nenas e nenos

Mércores 21 de xuño do 2017

Representantes das entidades que organizaron e participaron na segunda edición do Camiño Costa da Morte Sen Límites están a visitar os concellos que colaboraron no desenvolvemento destas rutas inclusivas. Entre eles estivo o de Carballo, e ata aquí achegáronse membros da Federación de ANPAs Coruña-Costa da Morte, a Confederación de ANPAs Galegas e a Asociación Deportiva e Cultural Rompendo Límites para facerlle entrega dun diploma de agradecemento ao noso concello. O alcalde, Evencio Ferrero, recibiu a unha ampla comitiva entre a que se atopaba un ilusionado grupo de nenas e nenos, cos que mantivo unha animada conversa.

Entre onte e hoxe os organizadores do Camiño Costa da Morte Sen Límites están a facer chegar o seu agradecemento aos 8 concellos e agrupacións de Protección Civil que os apoiaron na experiencia. Desde o Concello de Carballo agradecemos o diploma de corazón, conscientes de que quen realmente o merece son todas as persoas que día tras día loitan, cun espírito de superación incrible, por salvar todos os límites físicos e mentais que a  sociedade trata de impoñerlles. 

Compartir: