Inicio Carballo ao día Avisos A Consellería de Política Social...

A Consellería de Política Social abre o prazo de solicitude do pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para o ano 2017

Luns 3 de abril do 2017

O Diario Oficial de Galicia publica o luns 3 de abril a Orde do 24 de marzo pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. 

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.

Na documentación adxunta figuran todos os requisitos. As persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais (antigo ambulatorio).

Descargas

Compartir: