Presentación

Consello Parroquial

O Concello de Carballo quere escoitar a voz da cidadanía, porque o dereito da persoa a intervir no proceso de toma de decisións no ámbito local e a participación veciñal constitúen parte inseparable da sociedade democrática.

O Regulamento Municipal de Participación Cidadá senta as bases para a intervención activa da veciñanza na vida do noso concello e establece as canles máis axeitadas para fomentala. Dende o Concello de Carballo estamos a desenvolver un proceso de sensibilización e de información ao conxunto da cidadanía sobre a necesidade e a utilidade da participación veciñal.

Este proceso permitiranos:

  • Poñer en marcha os Consellos Parroquiais como espazos de comunicación, debate e toma de decisións entre a cidadanía e a Administración local
  • Reforzar o papel do movemento asociativo 
  • Xerar corresponsabilidade na cidadanía, nun proceso continuo de enriquecemento da democracia
  • Crear unha canle de comunicación permanente entre o Concello de Carballo e a veciñanza, dotando dunha maior eficacia e transparencia a xestión municipal

Descargas

Compartir: