Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a formación dunha...

Proceso selectivo para a formación dunha listaxe de persoas candidatas para a provisión interina ou temporal de auxiliar administrativo

O Concello de Carballo fai públicas a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a formación dunha listaxe de persoas candidatas para a provisión interina ou temporal de auxiliar administrativo. 

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, dende o martes 22 de novembro ata o luns 5 de decembro de 2022 (ámbolos dous incluídos).

Con data 15 de decembro faise pública a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as.

12 de xaneiro de 2023. Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

19 de xaneiro de 2023. Resultados do primeiro exercicio.

27 de xaneiro de 2023. Anuncio de resolución de reclamacións ao primeiro exercicio da fase de oposición. Notas definitivas. Citación para apertura de sobres identificativos dos/as aspirantes.

1 de febreiro de 2023. Publicación da data do segundo exercicio.

8 de febreiro de 2023. Publicación das puntuacións definitivas do primeiro exercicio da fase de oposición.

28 de febreiro de 2023. Aprobación da listaxe de persoas candidatas para a provisión interina ou temporal de auxiliares administrativos no Concello de Carballo.

Descargas

Compartir: