Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións ás...

Convocatoria de subvencións ás asociacións de nais e pais de alumnos/as dos colexios e institutos para a realización do programa de actividades educativas do ano 2020

O Concello de Carballo destina unha partida de 8.400 euros ao programa de subvencións ás asociacións de nais e pais de alumnos/as dos colexios e institutos de Carballo, que ten como finalidade colaborar coas ANPA no financiamento do programa de actividades educativas de carácter cultural do ano 2020 (realizadas ou previstas para a súa realización antes do 15 de novembro de 2020).

As bases foron publicadas no BOP do 4 de decembro de 2020, e o prazo de solicitude estará aberto durante 10 días hábiles que empezarán a contar a partir do seguinte á publicación.

Toda a información e os impresos poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: