Aberto do 12 de febreiro ao 12 de marzo o prazo de solicitude das axudas ao estudo para o alumnado de Educación Infantil e do CMUS
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica con data 11 de febreiro de 2021 a "Convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de grao elemental ou profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo". O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 12 de febreiro ao 12 de marzo.
REQUISITOS
- É requisito indispensable que o beneficiario e, cando menos, un dos proxenitores estea empadroado no termo municipal de Carballo.
- Poderán optar a unha axuda aqueles/as solicitantes cuns ingresos familiares anuais que non excedan as cantidades que se recollen na táboa axunta, segundo o número de membros computables da familia.
- Os ingresos calcularanse por agregación das rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). Os membros que presentasen Declaración do IRPF de 2019, sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e a 460 (base impoñible do aforro), cando non se presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola AEAT.
CONSULTA DE DÚBIDAS
- No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal
- Telefónicamente, de 11.00 a 12.30 h, no 981 704 300
FORMAS DE PRESENTACIÓN
A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/
Con cita previa telefónica, nos seguintes rexistros:
- Rexistro Xeral do Concello de Carballo: 981 704 100
- Rexistro auxiliar de Cultura: 981 704 300
- Rexistro auxiliar Servizos Sociais: 981 704 706
- Rexistro auxiliar Deportes: 981 702 109
- Rexistro auxiliar Fórum: 981 709 010
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA
- Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos
- Copia do libro de familia
- DNI ou NIF provisional do beneficiario/a
- Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a da axuda.
- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a. No caso de custodia compartida ambos proxenitores forman unha unidade familiar cos fillos que teñan en común