Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso de selección de 30 socorristas...

Proceso de selección de 30 socorristas acuáticos para prestar servizo nas praias do concello

28 de maio de 2020. Publicación no BOP do anuncio da convocatoria de contratación laboral por obra ou servizo determinado de 30 socorristas acuáticos para prestar servizos nas praias do Concello de Carballo. 

"
Tal e como establece a base terceira das bases reguladoras desta convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Esta resolución terá eficacia inmediata e non quedará suspendida a súa aplicación durante o estado de alarma declarado por RD 463/2020, nin lle será de aplicación a DA 8ª do RD Lei 11/2020, do 31 de marzo." Polo tanto, o prazo comezará o venres 29 de maio e rematará o luns 8 de xuño, por ser inhábil o domingo 7.

17 de xuño de 2020. Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, nomeamento do órgano de selección e datas de celebración do proceso selectivo.

Os membros do tribunal están convocados para a valoración de méritos na fase de concurso que terá lugar o venres 19 de xuño de 2020 ás 09:30 horas, na Base de Protección Civil situada na Avda. do Ambulatorio, s/n, de Carballo.

Os/as aspirantes aspirantes admitidos/as para a celebración de todos os exercicios da fase de oposición que terá lugar o luns 22 de xuño de 2020. De acordo ca base 7.1 que establece que, cando o tribunal o considere conveniente poderá acordar a celebración de varios exercicios nunha mesma xornada. Deste xeito, convócase aos aspirantes para a celebración de tódolos exercicios, co seguinte desenvolvemento: 

  • Primeiro exercicio: probas de aptitude física, ás 10:00 h. na Praia de Razo.
  • Segundo exercicio: Test ou exame de preguntas cortas, que se realizará no auditorio do Fórum Carballo (Praza dos Bombeiros Voluntarios), en canto remate o primeiro exercicio.  
  • Terceiro exercicio: proba oral e proba especifica para aqueles aspirantes que opten á categoría de coordinador socorrista, segundo determine o tribunal, en canto remate o segundo exercicio.

Descargas

Compartir: