Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Descarga aquí os impresos de solicitude de...

Descarga aquí os impresos de solicitude de participación no Programa Concilia

Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, e consiste en recoller aos nenos e nenas a primeira hora da mañá no seu centro escolar para responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e os laborais. Deste xeito, os/as participantes reciben atención especializada ata a hora de comezo das clases, desenvolven actividades de ocio e tempo libre, e ademais existe un servizo de almorzo opcional. Durante os períodos vacacionais tamén se ofrece a posibilidade de continuar co servizo para os/as usuarios/as fixos/as.

As solicitudes poden presentarse durante todo o curso. Máis información no Centro de Información á Muller (edificio de Servizos Sociais) ou chamando aos números de teléfono 981 700 688 / 981 704 706.

Descargas

Compartir: