Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as e...

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as e puntuacións da fase de concurso do proceso selectivo de socorristas para as praias

O Concello de Carballo ten en marcha o proceso de selección de socorristas para a unidade de salvamento acuático que prestará servizo durante o verán nas praias. Nos documentos anexos pode consultarse, por unha banda, a relación definitiva de admitidos/as e excluídos, e, por outra, as puntuación acadadas por cada aspirante na fase de concurso. 

A fase de oposición comezará o venres 31 de maio. Os/as candidatos/as están convocados/as para as 09.00 horas na piscina do complexo deportivo Carballo Calero.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: