Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Resultados da fase de concurso e do primeiro...

Resultados da fase de concurso e do primeiro exame da fase de oposición para a selección de arquitecto/a técnico/a

O Concello de Carballo ten en marcha o proceso de selección dun/ha arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a para a Oficina Técnica Municipal. 

Nos documentos adxuntos poden consultarse os resultados finais da valoración de méritos, unha vez resoltas as reclamacións, e as notas correspondentes ao primeiro exercicio da fase de oposición. Tamén se adxuntan as preguntas do exame e o cadro de respostas correctas. O prazo de reclamacións sobre esta proba estará aberto dende o 26 de abril ata o 3 de maio, incluídos.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: