Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Valoración de méritos no proceso...

Valoración de méritos no proceso selectivo dun/ha arquitecto/a técnico/a e inicio da fase de oposición

No documento adxunto publícanse os resultados da fase de concurso (valoración de méritos) do proceso selección dun/ha arquitecto/a técnico/a para a Oficina Técnica Municipal.

Os/as candidatos dispoñen de 5 días hábiles, que empezan a contar o venres 12 de abril, para posibles reclamacións. 

A primeira proba da fase de oposición celebrarase o 24 de abril, ás 10.30 horas, na Casa do Concello.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: