Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Concurso para creación de bolsa de...

Concurso para creación de bolsa de traballo para a contratación laboral de monitores/as socorristas

No procedemento para a contratación laboral de monitores/as socorristas para a área de Deportes, faise pública a resolución pola que se procede á aprobación da listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, a composición da comisión de valoración e a data para a fase de concurso, que será o 27 de marzo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: