Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Bases para a confección dunha lista de...

Bases para a confección dunha lista de persoal para substitucións de monitores/as-socorristas na Área de Deportes

O Concello de Carballo inicia o procedemento para a confección dunha lista de persoal para substitucións de monitores/as-socorristas para prestar os seus servizos na Área de Deportes, de acordo coas necesidades do servizo.

Tras a publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia, o prazo para a presentación de instancias estará aberto dende o 28 de febreiro ata o 11 de marzo do ano 2019. 

O impreso de solicitude de participación no proceso selectivo, así coma o modelo de relación de méritos e as bases completas poden descargarse máis abaixo.


Descargas

Compartir: