Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Puntuacións e proposta de listaxe de...

Puntuacións e proposta de listaxe de substitucións para impartir a materia de saxofón no CMUS tras a resolución da reclamación presentada

Con datas 09/10/2018 e 25/10/2018 tiveron lugar sendas reunións do tribunal nomeado no proceso selectivo para a confección das listaxes de persoal docente para substitucións coa categoría profesional de profesor/a de acordeón, frauta, gaita, saxofón, trombón, violoncello e guitarra, nas que se procedeu a resolución das reclamacións presentadas polos/as aspirantes no prazo concedido ao efecto.

Na disciplina de saxofón houbo unha reclamación que foi estimada polo tribunal e que afecta á puntuación e á listaxe de substitucións nesta ensinanza, que queda tal como se especifica no documento adxunto.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: