Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aberta a convocatoria de subvencións para...

Aberta a convocatoria de subvencións para a celebración de festas populares no ano 2018

Coa finalidade de promocionar a celebración de festas populares apoiando a organización dos programas festivos que realizan asociacións ou grupos de veciños, así como contribuír a preservar a tradición festiva do noso municipio, o Concello de Carballo aprobou as bases da convocatoria de subvencións para o ano 2018.

O importe das axudas determinarase segundo o número de días festivos que se celebren e nos que se realice unha verbena ou concerto na que actúe unha orquestra ou grupo musical en directo. Exclúense os dúos e os tríos de animación musical. Establécese unha axuda de 400 € por cada día de festa.

O prazo de solicitude estará aberto durante un mes a partir do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), é dicir, a partir do 25 de outubro. Nos documentos adxunto poden consultarse as bases completas e tamén poden descargarse os impresos necesarios para a tramitación das subvencións.

Ligazóns

Descargas

Compartir: