Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de subvencións ás...

Convocatoria de subvencións ás asociacións de nais e pais de alumnos para o programa de actividades extraescolares 2018

O Concello de Carballo abre unha liña de subvencións dirixidas ás asociacións de nais e pais de alumnos coa finalidade de colaborar cun colectivo que representa os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa e que complementa as actividades académicas realizando un destacado labor de dinamización cultural dos centros escolares. 

As axudas van dirixidas a ANPA dos centros de 2º ciclo de educación infantil, primaria e institutos de secundaria do municipio de Carballo e, excepcionalmente, tamén do CEIP Canosa-Rus por contar con preto do 80% do alumnado do noso concello.

  • Importe das axudas: ata 700 € por ANPA.
  • Prazo de solicitude: 1 mes a partir do 2 de outubro
  • Bases completas no documento adxunto.

Ligazóns

Descargas

Compartir: