Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Listaxe definitiva de admitidos/as e...

Listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo de persoal docente para substitucións no CMUS. Nova resolución

Por resolución da Alcaldía faise pública a nova relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para a confección das listaxes de persoal docente para substitucións coa categoría profesional de profesor/a de acordeón, frauta, gaita, saxofón, trombón, violoncello e guitarra, xunto con fundamentos da composición.

Ao mesmo tempo comunícase que a valoración do concurso de méritos terá lugar o venres 14 de setembro de 2018, ás 09:30 horasna sala de xuntas do Concello de Carballo.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: