Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Consulta aquí as listaxes definitivas de...

Consulta aquí as listaxes definitivas de admitidos/as para participar no proceso selectivo do alumnado da Escola de Hostalaría

O venres 7 de setembro empezará o proceso de selección dos/as 15 alumnos/as que integrarán a primeira promoción da Escola de Hostalaría do Concello de Carballo. Os/as aspirantes que figuran listaxe definitiva de admitidos/as, dispoñible ao final desta nova, están convocados/as para as 10.00 horas no auditorio do Fórum Carballo, onde se celebrará a primeira proba, de tipo test, co obxectivo de avaliar os seus coñecementos teóricos. Ese mesmo día, a partir das 14.00 horas, xa se fará pública a través desta páxina web e no taboleiro do Fórum Carballo o listado provisional de aprobados/as, xunto coa data e a hora do segundo exercicio.

Para o primeiro exame están citadas 28 persoas. Outras 11 están exentas, ao tratarse de candidatos/as que xa se presentaron á convocatoria do ano pasado e aprobaron o exercicio teórico. Estas 11 persoas accederán directamente, tal como figura nas bases, á segunda proba, que consistirá nunha entrevista.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: