Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocadas as fases de concurso e...

Convocadas as fases de concurso e oposición do proceso selectivo para a contratación de persoal para a brigada de incendios

No documento adxunto faise público o nomeamento do tribunal, a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluidos/as e as datas para a realización das fases de concurso e oposición do proceso selectivo para a contratación do persoal da brigada de prevención e defensa contraincendios e 3 operarios motobomba.

Os membros do tribunal están convocados para a valoración de méritos que terá lugar o xoves 21 de xuño de 2018, ás 09:30 horas, na sede de Protección CivilAsí mesmo, convócase aos aspirantes admitidos/as para a realización da proba da fase de oposición, que terá lugar o martes día 26 de xuño ás 09:00 horas no polideportivo do complexo deportivo Vila de Noia.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: