Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Puntuacións do primeiro exercicio do...

Puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo para a contratación dun/ha tractorista

No documento adxunto publícanse as puntuacións obtidas polos/as aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo para a contratación dun/ha tractorista. 

O tribunal valorou a destreza, habilidade e manexo xeral do tractor-desbrozadora; a calidade e a cantidade de traballo realizado; a habilidade para montar e desmontar un disco nun tempo máximo e a seguridade no traballo. 

A segunda proba para os/as aspirantes que aprobaron a primeira será o mércores 20, ás 10.30 horas, na Casa do Concello.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: