Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Puntuacións dos/as aspirantes que...

Puntuacións dos/as aspirantes que superaron a 2ª proba do proceso selectivo de 10 auxiliares de policía e táboa de respostas correctas

O proceso de selección de 10 auxiliares de policía para a súa contratación durante seis meses continúa avanzando. Nos documentos adxuntos poden consultarse, por unha banda, as puntuacións obtidas polos/as candidatos/as que superaron a segunda proba, celebrada o mércores 18. Por outra banda faise público o cadro de respostas correctas para posibles comprobacións. A única candidata que non está exenta do terceiro exame, de coñecemento da lingua galega, está convocada para o día 26, ás 09.30 horas, no salón de plenos.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: