Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Aprobación da listaxe provisional de...

Aprobación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de inspector de policía

Aprobada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para cubrir en propiedade unha praza de inspector de policía, polo sistema de mobilidade. De acordo co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, concédese un prazo de dez días hábiles para reclamacións e subsanación de defectos, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOP. De non efectuar a subsanación no prazo requirido serán excluídos definitivamente do proceso selectivo. Concluído este prazo e subsanadas as reclamacións presentadas, publicarase a relación definitiva de aspirantes, composición órgano de selección e data de celebración do concurso.

Os listados que se publican nesta páxina web e que conteñen datos de carácter persoal axústanse á lexislación actual de protección de datos e a súa única finalidade, de conformidade có previsto no artigo  59 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, é a de comunicar a cada un dos aspirantes o contido do procedemento selectivo. Estas listaxes non constitúen fonte de acceso público e non poderán ser reproducidos nin en todo nin en parte, nin transmitidos nin rexistrados por ningún sistema de recuperación de información, sen o consentimento dos propios afectados.

Descargas

Compartir: