Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Publicadas no BOP as bases e a convocatoria para...

Publicadas no BOP as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de inspector da Policía Local

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica con data do 30 de novembro de 2017 as bases específicas e a convocatoria para cubrir unha praza de inspector da Policía Local de Carballo, incluída na oferta de emprego público do 2017. O documento completo pode descargarse máis abaixo.

Ademais dos previstos na base terceira das bases, de conformidade co artigo 38 da lei 4/2007, de Coordinación de policías locais, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos, que terán que posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias:

  • Estar en posesión da titulación académica esixida para o acceso como funcionario/a ao subgrupo A2, conforme coa normativa de función pública.
  • Ser funcionario/a de carreira de calquera corpo de Policía Local da comunidade autónoma de Galicia coa categoría de inspector e ter unha antigüidade na mesma de, cando menos, cinco anos.
  • Faltarlle, como mínimo, 7 anos para o pase previsto á situación de segunda actividade por razón de idade.
  • Non ter sido sancionado/a por falta grave ou moi grave, ou ter canceladas posibles sancións.
Os/as interesados/as poderán presentar as instancias durante 20 días naturais a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Descargas

Compartir: