Inicio Áreas Cultura Axenda Obradoiro "Viaxe ao mundo da...

Obradoiro "Viaxe ao mundo da arte" con Emi de las Heras

Sábado 5 de novembro do 2016 Biblioteca Rego da Balsa - 10.00h

Emi de las Heras

A artista carballesa Emi de Las Heras, da Asociación Crea Formas Artísticas, realiza unha viaxe polo mundo da arte con 15 nenos e nenas de 7 a 14 anos no seu obradoiro, que imparte os sábados de 10.00 a 13.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa até o 3 de decembro. Trátase dun percorrido que comeza coas pinturas murais do antigo Exipto e que se espalla polas artes decorativas gregas e romanas, polas vidrieiras góticas, ata chegar á arte contemporánea. A actividade é de balde.

Compartir: