Inicio Áreas Cultura Axenda A Asociación Cultural Nemeth...

A Asociación Cultural Nemeth celebra o 39º Día da Muiñeira

Domingo 5 de xuño do 2022 17.00 horas - Praza do Concello

A asociación cultural Nemeth celebra a 39ª edición do Día da Muiñeira, co tradicional percorrido polas rúas de Carballo a partir das 17.00 horas e o baile conxunto de todos os grupos na Praza do Concello a partir das 17.30. Este ano a peza elixida é a Muiñeira de Cances.

O prazo de inscrición está aberto ata o 27 de maio no teléfono 604 002 258 ou no enderezo electrónico info@acnemeth.com.

Compartir: