Inicio Áreas Cultura Axenda Jamie Perrett actúa en Carballo...

Jamie Perrett actúa en Carballo dentro da súa xira por España

Sábado 29 de xaneiro do 2022 20.30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Vai facendo oco na axenda, porque volve o Curruncho Pop á Biblioteca Rego da Balsa!

O sábado 29 de xaneiro, ás 20.30h, teremos en Carballo a Jamie Perrett. O artista británico, que comezou a súa traxectoria musical nos Babyshambles de Peter Doherty, ofrecerá na nosa biblio o seu único concerto en Galicia.

A entrada é de balde, pero lembra que o aforo é limitado, así que reserva sitio no 981758580 (de luns a venres de 10:00 a 20:00 e sábados de 10:15 a 13:00 h).

Compartir: