Inicio Áreas Cultura Axenda "O mellor dos catro...

"O mellor dos catro elementos", con Pepe Vaamonde Grupo & Xisco

Venres 20 de agosto do 2021 22.00 horas - Rúa Jacinto Amigo Lera

Tras vinte anos de existencia a banda de Pepe Vaamonde quere festexar a nova década ofrecendo un espectáculo en directo para esta tempada, composto polos mellores temas dos seus catro traballos discográficos.

O mellor dos catro elementos recolle pezas instrumentais de composición propia e cancións tradicionais magnificamente interpretadas por Xisco, artista multifacético e gran coñecedor do folclore galego e membro de numerosas formacións e agrupacións de Galicia.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Xunta de Galicia - Xacobeo 2021-22

Compartir: