Inicio Áreas Cultura Axenda "O Xornal de Lonxedetodo"...

"O Xornal de Lonxedetodo" visita a biblioteca cunha gran exclusiva para a cativada

Mércores 13 de marzo do 2019 17:00 e 18:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Os contacontos volven á biblio da man de TrinkeTrinke Teatro e a ratiña Lilí Gruyére, que desta volta achegarase a contarnos as novas do "Xornal de Lonxedetodo" do que ela é protagonista de portada!!! Non volo perdades porque vén cargadiño de moitas noticias sorprendentes que vos deixarán coa boca aberta.

Público: Nenos e nenas de 3 a 8 anos
Entrada: Libre e de balde con convite. Reservas na biblioteca ou en 981 758 580
Organiza: Concellaría de Cultura

Compartir: