Aula de Gravado Municipal
- [Fórum Carballo] Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n. 15100 - Carballo
- T. 981 709 010

O Concello acondicionou no Fórum unha aula permanente co material necesario, como o tórculo ou prensa calcográfica e un secadoiro co obxectivo de que os creadores e creadoras que o desexen fagan uso dese espazo para realizar o seu labor de gravado.
Para obter máis información, os interesados e interesadas poden poñerse en contacto co Fórum Carballo, onde se lles informará dos horarios en que a instalación está dispoñible.