Artistas locais
"Pandemia"
EXPOSICIÓN COLECTIVA

A Concellaría de Cultura do Concello de Carballo lanzou un desafío a un colectivo de creadores da localidade para que mostren a súa visión sobre o momento que estamos a vivir nesta época de crise sociosanitaria debida á COVID-19 e a necesidade da cultura para superala. O resultado é a exposición “Pandemia. Novos retos”, unha mostra colectiva de vinte obras de modalidades e técnicas diferentes.
Os dezasete artistas vinculados a Carballo que compoñen esta mostra de artes plásticas son:
- Antón Díaz
- Cristina Castro
- Esther Chamoso
- Isa Fernández
- Isabel Soutullo
- Josecho González
- Laura Tova
- Manuel Eirín
- María Marticorena
- Milagros Cotelo
- Mon Lendoiro
- O’Mighelo
- Otilio Fernández
- Pedro Tasende
- Peter Kramer
- Raúl G. Herrera
- Santi Picos