DO 27 DE XUÑO AO 11 DE XULLO
Procedemento para a matrícula no Conservatorio Profesional de Música para o curso 2022/23
Mércores 29 de xuño do 2022
As persoas interesadas en realizar a matrícula no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo para o curso 2022/2023 deben poñerse en contacto coa Concellaría de Cultura, nas súas oficinas do Pazo da Cultura, no enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal ou telefónicamente no 981704300 (2 - servizos administrativos) solicitando o envio do impreso de matrícula e pago de taxas.
Despois de cumprimentar o impreso (que se envía en formato pdf) poderá realízar o pago de taxas nas oficinas bancarias ou mediante a pasarela de pagos de Abanca. Este é o procedemento:
- Acceder a www.carballo.gal
- Apartado Centro de Atención Cidadá
- Outros servizos
- Pago de tributos municipais online https://epasarela.abanca.com/wpgs012/wpgs012m_pagorecibosdefault.aspx?emisora=150198&idioma=G.
É imprescindible que, unha vez pagadas as taxas, se proceda ao rexistro do impreso de matrícula e o xustificante bancario do dito pago. Poden facelo de forma non presencial mediante a Sede Electrónica ou Rexistro Electrónico (www.carbarballo.gal apartado Centro de Atención Cidadá) ou presencialmente en calquera dos Rexistros do Concello previa cita (981704300 / 981704100).