CONSULTA AQUÍ OS HORARIOS DE INICIACIÓN MUSICAL
O 23 de setembro comezará o curso no Conservatorio Profesional de Música
Os días 5 e 6 de setembro celebraranse as probas de acceso a todos os cursos de grao elemental e profesional agás os primeiros
Sábado 20 de xullo do 2019
Volveu a actividade ao Conservatorio Profesional de Música de Carballo cos exames extraordinarios e a celebración das probas de acceso para todos os cursos, tanto de grao elemental como de profesional, agás os primeiros. As vacantes son as seguintes: clarinete, 2; gaita, 1; piano, 1; trompeta, 1; violín, 1; acordeón, 1; saxofón, 2; trombón, 2, e viola, 1.
O curso 2019-20 comezará o 23 de setembro. Ata ese día, as datas das que debe tomar nota o alumnado son as seguintes:
- 2 de setembro: celebración do claustro de inicio de curso (18.30h).
- 3 e 4 de setembro: exames extraordinarios de setembro (17.00h)
- 5 e 6 de setembro: probas de acceso (17.00h)
- 9 a 13: matriculación do alumnado
- 19 de setembro: presentación do curso 2018-19 (19.00 horas)
- 20 de setembro: elección dos horarios individuais (nas aulas dos/as respectivos/as profesores/as)
- 23 de setembro: inicio das clases
HORARIOS DE INICIACIÓN MUSICAL
1º curso ( 6 anos)
- 1º grupo de 16.00 a 16.45 horas
- 2º grupo de 17.30 a 18.15 horas
- 1º grupo de 16.45 a 17.30 horas
- 2º grupo de 18.15 a 19.00 horas