Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas O Conservatorio Profesional de...

O Conservatorio Profesional de Música ofrece 60 prazas para o curso de Iniciación Musical

A actividade vai dirixida a nenas e nenos de 1º e 2º cursos de Primaria

Mércores 12 de xuño do 2019

O Concello de Carballo e o Conservatorio Profesional de Música poñen en funcionamento o curso de Iniciación Musical (Música e Movemento). Esta iniciativa ten como obxectivo achegar aos máis cativos á música e ao descubrimento das familias instrumentais, de xeito que cando poidan acceder aos estudos musicais oficiais teñan unha pequena base musical e un coñecemento das distintas ferramentas musicais que lles facilite a elección do instrumento que poidan estudar.

A esta convocatoria poderán concorrer todos aqueles rapaces e rapazas de 1º e 2º curso de Educación Primaria, prioritariamente veciños/as de Carballo, que desexen iniciarse no mundo da música. O curso terá un límite de 60 prazas, divididas en 2 grupos, de seis e sete anos, que se adxudicarán por orde de rexistro. Para preinscribirse nesta convocatoria os/as interesados/as terán un prazo que irá do 1 ao 12 de xullo (ámbolos dous días incluídos) e deberán facelo a través dunha solicitude que poderá recollerse nas Oficinas de Cultura (situadas no 1º andar do Pazo da Cultura) ou descargala da páxina web do Concello de Carballo www.carballo.gal. Nesta instancia xa se aclara a documentación que se deberá achegar con ela así como o lugar para presentala (Rexistro de Entrada do Concello de Carballo, preferentemente no Rexistro do Pazo da Cultura de luns a venres de 11.00 a 13.30 h).

O día 16 de xullo darase a coñecer a listaxe de admitidos, e estes alumnos deberán formalizar a matrícula, se así o desexan, entre o 22 e o 29 de xullo, entregando por rexistro de entrada o impreso de matrícula unha vez liquidadas a taxas correspondentes.

Para a realización destes ou doutros trámites deberán dirixirse ao 1º andar do Pazo da Cultura (Oficinas de Cultura-Conservatorio) ou ben chamar por teléfono ao número 981 704 300.

Prazo de matrícula

O prazo de matrícula para o alumnado do Conservatorio que aprobou en xuño estará aberto tamén do 1 ao 12 de xullo. Os/as interesados/as deben presentar a solicitude correspondente no Rexistro Municipal, preferentemente no rexistro auxiliar do Pazo da Cultura, en horario de 11 a 13.30.

Descargas

Compartir: