Inicio Áreas Educación Conservatorio Novas Xa temos gañadores do I Concurso...

Xa temos gañadores do I Concurso de Solistas do Conservatorio de Carballo

Mar Fraga Enjo e Abel Ponte Castiñeiras comparten primeiro premio en Grao Elemental e Gala Cernadas, en Grao Profesional

Venres 29 de marzo do 2019

Unha das participantes, fronte ao tribunal (Foto: La Voz de Galicia)

Unha das participantes, fronte ao tribunal (Foto: La Voz de Galicia)

Xa temos gañadores e gañadoras do I Concurso de Solistas convocado polo Conservatorio Profesional de Música de Carballo para dar ao alumnado a posibilidade de interpretar unha obra de concerto como solista no auditorio do Pazo da Cultura.

No Grao Elemental, e de xeito excepcional, o tribunal acordou, de maneira unánime, outorgar dous primeiros premios compartidos a Mar Fraga Enjo e Abel Ponte Castiñeiras, e un segundo premio a Adrián A. Gorgan. No Grao Profesional concedéronse tres premios: o primeiro, a Gala Cernadas; o segundo, a Paula Ézara, e o terceiro, a María Añón.

Tal como figura nas bases, os/as concursantes que acadaron o primeiro premio recibirán un cheque-regalo e un diploma acreditativo, e ademais actuarán como solistas, acompañados pola banda ou a orquestra do CMUS, o curso que vén. O resto de finalistas recibirán un diploma.

Descargas

Compartir: