Xuntanza en Lema para avanzar na constitución dos Consellos Parroquiais

Martes 15 de novembro do 2016 Escola Unitaria - 20.30 h.

Consellos Parroquiais

A Escola Unitaria de Lema acolle unha xuntanza informativa á que están convidados todos os veciños e veciñas, así como integrantes e representantes das asociacións da parroquia para participar no proceso de constitución dos Consellos Parroquiais.

O obxectivo da creación destes organismos é que a veciñanza adquira un papel cada vez máis activo na toma de decisións, creando deste xeito un sentimento de corresponsabilidade na definición das políticas públicas, así como crear unha canle de comunicación directa do Concello e o goberno municipal.

A cita, a partir das 20.30 horas.

Compartir: