Inicio Áreas Participación veciñal Consellos Parroquiais Xuntanza do grupo impulsor para avanzar...

Xuntanza do grupo impulsor para avanzar na constitución dos Consellos Parroquiais de Carballo

Xoves 8 de setembro do 2016 Fórum Carballo - 20.30h.

Xuntanza para constituír os Consellos Parroquiais

Unha das xuntanzas para constituír os Consellos Parroquiais

O Fórum Carballo acolle unha xuntanza do grupo impulsor dos Consellos Parroquiais de Carballo, un mecanismo que pretende implicar aos veciños e veciñas na vida municipal a través do Regulamento de Participación Cidadá. Está prevista a presenza na reunión, na que se avanzará na constitución dos consellos, da empresa responsable do proceso, así como de veciños e veciñas e representantes das entidades e asociacións do municipio que forman parte do grupo impulsor e membros da corporación, incluído o Alcalde, Evencio Ferrero.

A cita é a partir das 20.30 horas.

Compartir: