Inicio Áreas Cultura Axenda Reunión de voluntariado para o...

Reunión de voluntariado para o FIOT

Mércores 20 de setembro do 2023 20.00 horas - 2º andar do Pazo da Cultura

Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo - FIOT abre a convocatoria para a busca de voluntarias e voluntarios para a súa 32ª edición, que se extenderá do 28 de setembro ao 31de outubro de 2023. A reunión para todas as persoas que desexen formar parte da iniciativa terá lugar este mércores, 20 de setembro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura de Carballo (2º andar).

Se che gusta a escena, se queres achegarte ao teatro desde dentro, se che apetece colaborar cun dos eventos culturais máis importantes de Carballo, se queres facer novas amizades e compartir inquedenzas co equipo de voluntarias e voluntarios do #FIOT32, non perdas esta oportunidade!

Compartir: