Xuntanza coa veciñanza e as asociacións para avanzar na constitución dos Consellos Parroquiais

Xoves 26 de maio do 2016 Fórum Carballo - 20.30h.

Consellos Parroquiais

Segunda xuntanza o xoves 19 no Fórum

O proceso de constitución dos consellos parroquiais de Carballo sigue avanzando. Despois da excelente resposta que obtiveron as primeiras dúas a reunións, o auditorio do Fórum Carballo acolle o xoves 26 de maio o segundo dos dous encontros participativos previstos para este mes e que teñen dous obxectivos principais: por unha banda, realizar unha diagnose da situación de cada unha das parroquias, e por outra, identificar ás persoas que pasarán a formar parte do grupo impulsor dos consellos parroquiais.

Deste xeito, en maio quedaría rematada a primeira parte do proceso, centrada na información a todos os sectores sociais implicados, e en xuño daríase o seguinte paso, que consistirá na formación das persoas que integren o grupo impulsor dos consellos parroquiais, o que facilitará a coordinación futura e o traballo en rede. Convidamos a todos os veciños e veciñas e a todos os representantes de asociacións e entidades de todas as parroquias de Carballo a que se acheguen ao Fórum para seguir avanzando na implantación dos mecanismos do Regulamento de Participación Cidadá.

Compartir: