Inicio Áreas Cultura Axenda Historias sorprendentes para nenos e...

Historias sorprendentes para nenos e nenas diferentes

Mércores 16 de outubro do 2019 18:00 horas - Ludoteca Municipal

Este mércores teremos na ludoteca a Ernesto Is co seu espectáculo "Historias sorprendentes para nenas e nenos diferentes", unha actividade incluída no programa de animación á lectura Ler Conta Moito, dirixida á rapazada de 4 a 11 anos e incluída o programa.

Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposibles, historias de nenas e nenos coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.

Aínda non tes o teu convite? Pois achégate ata a Biblioteca Rego da Balsa a recollelo! 

Público: Nenos e nenas de 4 a 11 anos
Entrada: Con convite
Organiza: Concello de Carballo e Ler Conta Moito

Compartir: