Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

A Xunta abre a convocatoria do programa ‘Xuventude Mentoring’ de formación e mentorización de mozos para a transición da vida académica á laboral

Martes 28 de xuño do 2022

A Xunta abre a convocatoria para que as mozas e mozos de Galicia participen na segunda edición do programa Xuventude Mentoring formación e mentorización, desde o ámbito da educación non formal e co obxectivo de favorecer a súa empregabilidade. Esta iniciativa, cofinanciada pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo, beneficiará este ano a 250 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que acaban de rematar os seus estudos para facer posible unha efectiva transición da vida académica ao mercado laboral.

As persoas que queiran participar no programa pode inscribirse de xeito telemático nesta ligazón. As mozas e mozos participantes deben estar inscritos no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.

Desde o 27 de xuño ata o 1 de agosto recibiranse as solicitudes das mozas e mozos que queiran formar parte deste programa.

Compartir: