Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Posta en marcha da próxima tempada 2022-2023 do Programa de Turismo do Imserso

Luns 13 de xuño do 2022

A Dirección Xeral do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) iniciou a posta en marcha da que será a próxima tempada 2022-2023 do Programa de Turismo do Imserso.

Por iso:
1. Na segunda quincena do mes de xuño publicarase no BOE a Resolución do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan 816.029 prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo, na tempada 2022-2023, cunha previsión de que as quendas de vacacións comecen no próximo mes de outubro.

Neste sentido, desde o luns 27 de xuño de 2022 e ata o martes 19 de xullo de 2022 –ambos os días inclusive-, permanecerá aberto un período de presentación de NOVAS SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN neste Programa para a tempada 2022-2023, exclusivamente para aquelas persoas que non estean incluídas no Programa de Turismo do Imserso.

Para o enchemento e presentación destas novas solicitudes, desde o luns 27 de xuño de 2022 e non antes, disponse dos seguintes medios:

  • Pola súa sinxeleza, rapidez e seguridade, recomendamos a presentación de novas solicitudes de forma telemática a través da Sede electrónica do Imserso
  • Descargando da páxina web do Imserso ou na Sede electrónica do Imserso o modelo de solicitude de participación no Programa de Turismo para a tempada 2022-2023. Unha vez cuberto deberá remitilo por algún dos seguintes medios:
    • A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 7 da Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso.
    • En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa de Turismo do Imserso, apartado de correos 10.140 28080 Madrid.
2. Nos próximos días, as persoas xa acreditadas no Programa de Turismo do Imserso recibirán nos seus domicilios as cartas de renovación para participar no mesmo na próxima tempada 2022-2023. Nas cartas de renovación se adxunta ás persoas acreditadas un impreso de solicitude coa seguinte información:
  • Os datos que figuran na base de datos do Imserso: datos persoais, preferencia de destino e vinculación con outra persoa da mesma provincia.
  • espazo para realizar as modificacións que considere oportunas.
Se os datos non variaron e considéranse correctos, non é preciso que realice ningunha actuación e NON HAI QUE REMITIR o impreso cuberto.

Se os datos non son correctos ou cambiaron, debe remitirse o impreso de solicitude cuberto. Neste caso, e no prazo comprendido entre o 27 de xuño e 19 de xullo de 2022, ambos os incluídos, poderase efectuar o cambio polos seguintes medios:
  • a través da Sede electrónica do Imserso utilizando o número de referencia que aparece na carta que recibiu ou o sistema Cl@ve, por algún dos seguintes métodos:
  • Directamente a través deste enlace
  • Entrando na Sede electrónica do Imserso e unha vez dentro do apartado correspondente ao Programa de Turismo, pulsar no icona «Edición».
  • Escaneando o código QR que aparece na carta de renovación co teléfono móbil.
Só no caso de que non se poidan utilizar ningún dos medios anteriores, deberá remitirse o impreso de solicitude cuberto cos novos datos ata o martes 19 de xullo de 2022 en sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: PROGRAMA DE TURISMO DO IMSERSO, APARTADO DE CORREOS 10.140, 28080 MADRID.

Finalmente lembrámoslle que dispón de máis información sobre este programa de Turismo, tanto na páxina web do Imserso, como na Sede electrónica do Instituto onde recollemos as preguntas máis frecuentes que poidan xurdirlle sobre a xestión da tempada 2022-2023 do noso Programa de Turismo.

Compartir: