Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo

Martes 7 de xuño do 2022

Orde do 20 de maio de 2022 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2022/23.

Residentes con reserva de praza
Os residentes terán reserva de praza ata que completen os cursos dun concreto nivel educativo ou ciclo formativo que dean lugar á obtención dun título académico, sempre que non repitan curso e non variasen as demais circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.

Se queda algunha praza sen ocupar, deberá acumularase ás vacantes ofertadas polo centro ou, de ser caso, ofertarse ao alumnado que figure na listaxe de suplentes, respectando a orde de prelación. O centro residencial comunicará esta circunstancia e número de prazas afectadas á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Residentes sen reserva de praza
Os residentes que rematen un concreto nivel educativo ou ciclo formativo, obtendo ou reunindo as condicións necesarias para obter o título académico correspondente, non teñen reserva de praza, polo tanto, para continuar estudos deberán presentar nova solicitude.

Prazas de residencia reservadas e prazas vacantes
Os centros residenciais docentes, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no DOG:

  1. Elaborarán e remitirán á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos unha estimación nominativa dos residentes que, á vista da información dispoñible nesa data, poidan ter reserva de praza para o curso 2022/23.
  2. Publicarán o número de prazas vacantes ofertadas na súa páxina web e/ou no seu taboleiro de anuncios.

Requisitos académicos e persoais

  1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2022/23.
  2. Non repetir curso e, no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da inspección educativa.
  3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario

  1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2022 (este incluído).
  2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 1 de agosto de 2022 (este incluído).

Tramitación de solicitudes de praza en período extraordinario
Cando, feita a adxudicación de prazas en período ordinario, sigan existindo prazas vacantes, o centro residencial abrirá un prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 6 e o 14 de setembro de 2022, ambos incluídos.,A tramitación destas solicitudes axustarase ao establecido anteriormente, agás no relativo ás datas e prazos, que serán os seguintes:
  1. Publicación da listaxe provisional: o 22 de setembro de 2022 (este incluído).
  2. Prazo para formular reclamación: ata o 29 de setembro de 2022 (este incluído).
  3. Publicación da listaxe definitiva e da adxudicación de praza: o 5 de outubro de 2022 (este incluído).

Ligazóns

Compartir: